Estas últimas semanas están sendo intensas en encontros cos lectores e lectoras, especialmente de Leocadio o león e de O rato avó e o muraño.

Visitei as bibliotecas do CEIP Montemogos, do CEIP Mestres Goldar, do CEIP Pintor Laxeiro e do CEIP Outeiro das Penas. Todas elas foron conversas moi interesantes porque tiven oportunidade de escoitar as opinións dos pequenos.

O blog de primeiro ciclo do CEIP Mestres Goldar colgou esta presentación da miña visita e recolleron no seu blog a presencia do rato avó e de Leocadio.

 

Advertisements

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Os comentarios están pechados.