Ao encontro das damas en Bueu

13254659_278751922466110_8514118276719555523_o

Encontros cos lectores

Estas últimas semanas están sendo intensas en encontros cos lectores e lectoras, especialmente de Leocadio o león e de O rato avó e o muraño.

Visitei as bibliotecas do CEIP Montemogos, do CEIP Mestres Goldar, do CEIP Pintor Laxeiro e do CEIP Outeiro das Penas. Todas elas foron conversas moi interesantes porque tiven oportunidade de escoitar as opinións dos pequenos.

O blog de primeiro ciclo do CEIP Mestres Goldar colgou esta presentación da miña visita e recolleron no seu blog a presencia do rato avó e de Leocadio.

 

5 de decembro no Culturgal

8531H1

Este ano toca celebrar o 5 de decembro asinando no stand de Kalandraka no Culturgal. Agárdovos cos ratos, o pirata, as damas e o resto dos personaxes que habitan o bosque das historias. Será pola tarde e teredes a oportunidade de mercar os agasallos do Nadal.

O rato avó

O_rato_avo_e_o_murano-Oli-9788499149189Xa está aquí “O rato avó e o muraño” o último libro que acaba de sacar Xerais con ilustracións de Ramón Trigo.
Dentro duns días poderedes atopalo en todas as librarías do país.
Desexo que poidades gozar e emocionarvos coa súa lectura.

Presentación en Generación X – Puebla

doblefinalratos copyPara todos cuantos quieran conocer en Madrid a nuestros amigos los ratones de casa, tendrán una irrepetible oportunidad a las 12 de la mañana en la librería Generación X de la Calle Puebla.  Además de los ratones, seguro que podréis conocer a otros personajes entrañables con los que esperamos conquistar el corazón de los lectores más pequeños, aunque tampoco nos importaría hacerlo con los de sus papás, mamás, abuelos, abuelas y demás familias.

Estaremos encantados de compartir con vosotros unos momentos maravillosos.

¡¡No os lo perdáis!!

Á Feira do libro de Madrid

Feria-del-Libro-Madrid-2015-Fernando-Vicente-okO vindeiro domingo, a partir desde as 7 da tarde levaremos Os ratos da casa á Feira do libro de Madrid.
Caseta 192 de Kalandraka.

Poderedes levar libros asinados en case calquera lingua e case calquera título. Lembrade que Artur está esgotado en galego, así que non o pidades. Pero de todo o demais, canto queirades.

FERIA DEL LIBRO DE MADRID

Feria-del-Libro-Madrid-2015-Fernando-Vicente-okEl próximo domingo 7 de junio a las 7 de la tarde los ratones de casa se pasearán por el Parque del Retiro y harán un descanso en la caseta 192 para que os podáis llevar un ejemplar firmado por el autor del texto.

Recordad que a las 21 horas los ratones deberán retirarse a su cocina para reponer fuerzas de un día tan atareado y que se espera sea atravesado por una masa de aire cálido.

Feria del libro de Madrid

Domingo, 7 de junio, 19-21 horas

Caseta 192. Kalandraka

FALANDO DE SENDAK

mais ala da fiestraOnte pasei polo programa Zigzag diario para falar dunha faceta literaria da que non falo nesta páxina, a de tradutor. Nesta ocasión para falar da recente publicación de Máis alá da fiestra de Maurice Sendak que sae en galego traducida por un servidor e publicada por Kalandraka. Seis minutos para falar de Sendak son poucos pero a televisión é así. Temos sorte de que a TVG teña na segunda canle un programa cultural en primetime, diariamente ás 9 da noite. Aí vos queda. http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/xose-manuel-gonzalez-tradutor-ao-galego-de-libros-do-ilustrador-maurice-sendak

Días de visita.

Estes días son moi movidos, 23 de abril, presentacións, escolas…

11175038_809072142479411_524394129496103040_n

Este sábado estivemos no Lobo coxo de Bueu onde Olalla González sempre me recibe magnificamente e onde atopo sempre a Marc Taeger. Aroa sempre me fai fermosos regalos cando vou contar alí. Hoxe regaloume este coche cheo de ratos da casa.

10439379_10205819125732703_2301064112648888343_nTamén no CEIP de Reibón celebraron o día do libro o martes cos nenos e nenas de 2º, que me someteron a un intenso 3º grao e o xoves cos de 1º.

P1120117P1120110 P1120111 P1120116

Ratos en Voces de las dos orillas

O blog voces de las dos orillas fai un comentario de “Os ratos da casa”. Ler.