Na semana do 21 ao 25 participarei en varias actividades nas bibliotecas parroquiais de Cangas.

Teño previsto presentar o texto do que agardo sexa o meu próximo libro, que sairá en Kalandraka e vai levar o título “DE COMO O PITO ARTURO DECUBRIU O EDREDÓN DE PLUMAS”. vai contar coas ilustración de Marc Taeger, Ilustrador de libros como “A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella” ou “Aquiles o puntiño”.

O resto serán os meus contos de sempre e algunha das traducións que levo feito para Kalandraka.

Para máis información: preme aquí.

Advertisements

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Os comentarios están pechados.