Na Librería Rayuela, e cunha excelente presenza de lectores e de mamás e papás de lectores, fixemos as presentacións d’O pirata Pata de Lata e das Once damas atrevidas aos lectores que acoden á chamada da Librería Rayuela para atoparse cos seus autores ou cos seus personaxes favoritos. 

Cos ollos e as orellas abertas

Cos ollos atentos ás viaxes polo mundo das Once damas atrevidas

Alí tiven a oportunidade de coñecer a timidez de César, que estaba co seu primo. Tamén de Julia, que salvou a función cando me esquecía dunha dama. Coñecer a todos estes pequenos lectores sevillanos foi un pracer, tanto como estar compartindo un momento cos amigos e amigas da Librería Rayuela no seu espacio para os pequenos. Seguro que nos volvemos a ver porque Sevilla é unha cidade maravillosa e quen vai a Sevilla perde a silla, pero coñece unha maravilla.

Un momento das presentacións. Quedamos todos moi amigos

Encantado de asinar libros.

Advertisement

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Unha resposta

  1. […] las presentaciones de libros de este 2010, la de Xosé Manuel González ‘Oli’ en la librería Rayuela de Sevilla destacó por su carácter multitudinario, el afecto del […]