Portada do libro ilustrada por Marc Taeger

Xa podedes follear nas librerías o último libro, que comparto co ilustrador Marc Taeger. Batín con el de xeito inesperado no trinque dunha librería. Creo que non estaba preparado para aceptar que o libro xa é dos lectores, aínda tiña interiorizado que formaba parte do ámbito doméstico dos creadores, editores e amigos, pero xa non é así. Sucedeume pasando por diante de “El pozo de los tres deseos” e pouco despois, no trinque da Librería Viláfer atopei con tres exemplares. Hai unhas horas foron os amigos da Librería Abrente que o publicaron na súa páxina oficial e hai uns minutos a Libraría O Pontillón en Moaña.

A pena é que non temos feira do libro en Cangas, que era onde pensaramos facer a presentación oficial, pero traballaremos para facelo durante as próximas semanas en Cangas, Bueu e Moaña. Por certo, non esquezades, que o día 8 de agosto temos a presentación na feira de Coruña. Pero non perdades ocasión, podedes mercalo nun fato de linguas diferentes, non hai desculpas para non lelo.

Ánimo e á librería!

A por el!

Advertisements

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

One response

  1. […] de Ana Fernández-Abascal, con ilustracións de Flavio Morais; e “Artur“, un texto de Xosé Manuel González ‘Oli’ ilustrado por Marc Taeger. Ámbolos dous presentaranse na Feira do Libro da Coruña, que organiza a […]