Onte, 8 de agosto, Marc Taeger e máis eu tivemos a ocasión de presentar a Artur por primeira vez. Foi na Coruña cun magnífico día de sol cun chisco de aire do norte.

A introdución correu a cargo de Paz Castro, encargada de prensa de Faktoría K e Kalandraka, que soubo sacar de nós o que nós non soubemos contar.

Aquí deixo unhas fotos para dar fé de que estivemos alí.

A próxima presentación terá lugar en Cangas, no Salasón, un local que está facendo unha estupenda programación musical e de exposicións.

Advertisement

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Unha resposta

  1. […] escritor Xosé Manuel González ‘Oli’ e o ilustrador Marc Taeger presentan “ARTUR“, un álbum ilustrado tenro e entrañable, […]