Onte fixemos a presentación de Artur en Cangas. Co apoio de moitos amigos e lectores, descubrimos algunhas interioridades de Artur. Lástima que Marc Taeger non puidese estar, pero enviámoslle un saúdo e dicirlle que falamos moito del.
A pesar dos nervios de facer a presentación inicial, as cousas se desenvolveron nun ambiente cálido e durante a lectura do libro contamos coa gran axuda de Nicolás Martínez no vibráfono. Grazas de corazón, Nico. Nico foi, ademais, coprotagonista da experiencia que orixinou o nacemento de Artur.
Grazas aos amigos e lectores cangueses porque sempre conto co voso apoio cada vez que presento un novo libro. Grazas tamén aos visitantes que se achegaron para coñecernos porque é un pracer ver como se rompe algúns tópicos. Grazas enormes aos libreiros que puxeron a Artur nos seus trinques porque sen eles os libros son moito menos.
Grazas a Xosé Bangueses porque estas fotos saqueinas do seu Facebook sen o seu consentimento.
[…] además de “L’Angelina surt a fer un tomb” y la novedad más reciente: “Artur”, de Xosé Manuel González ‘Oli’ y Marc Taeger. Tampoco faltan los títulos de la colección Opera Prima de Hipòtesi, entre los que […]