O Faro da cultura do pasado xoves ocupouse de Artur. Aquí algunhas cousas que dixeron sobre el.
Doce sinxeleza
PAULA FERNÁNDEZArtur é un conto,destinado para prelectores e primeiros lectores, que o escritor Oli e mais o ilustrador Mark Taeger veñen de publicar con Faktoría K e que amosa de maneira plástica, e tamén moi expresiva lingüísticamente, o nacemento dun pitiño. Apréciase,entón,neste traballo, e grazas á escrita e mais ao traballo do ilustrador,a falta de espazo provocada pola fin da xestación, a incomodidade e mais os movementos violentos que isto provoca, a ruptura do ovo, a saída ao exterior motivada por unha forza innata e as primeiras sensacións do pitiño ao descubrir o mundo. Como era de agardar, o desacougo e o medo an te o descoñecido do minan o neonato ata que este finalmente atopa a protección que procuraba. Inquedanza e temores representados pola cor negra que destaca ante a variedade cromática máis luminosa que simboliza unha nova vida É un relato que, malia estar protagonizado por un animaliño fráxil e indefenso, resulta moi doado identificar co nacemento dun neno, cun parto e co vínculo afectivo que este establece despois coa súa nai. O texto de Oli describe de xeito breve aínda que intenso, evocando inevitablemente imaxes nas mentes de nenos e adultos, todos estes sentimentos e o instinto de supervivencia que agroma cando o ser sente que é o momento de saír do acubillo en que foi tomando forma. O feito de estar publicado en cartón faino máis manexable para os prelectores, aínda inexpertos no acto de pasar páxinas, e a sinxeleza do texto adornado con fermosas ilustración faino moi atractivo para os primeiros lectores e lectoras.