O pasado día 19 de xaneiro  estiven no CEIP A Rúa respondendo a unha invitación do profesorado de educación infantil e 1º ciclo de primaria para facer as presentacións de Artur. Sempre me gusta volver ao colexio de A Rúa porque sinto que volvo a un sitio familiar.

Ante as olladas atentas e os ollos abertos dos pequenos pasaron o pito Artur, O pirata Pata de Lata e unha chea de damas atrevidas e viaxeiras. Ao remate quedamos un anaquiño máis para asinar os libros que traían os lectores.

Agradezo a invitación e o cariño con que todos me trataron.  Ah… e tamén o retrato que un alumno, que daquela estaba en infantil de 3 anos, me fixera a última que estiven no colexio, hai xustamente tres anos.

Grazas a todos.

Advertisement

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Os comentarios están pechados.