Hoxe o concello de Cangas conmemora o Día das Letras Galegas coa entrega dos premios Xohán de Cangas.
Este ano teño a honra de recibilo no apartado de creación literaria. Coma sempre, creo que debo compartilo con esa persoa que me empuxou a entrar neste mundo, á lectora feroz que esmiúza o que fago, as mulleres das que aprendín a arte de contar e esas xeracións que ao longo do tempo forxaron este marabilloso instrumento que é a nosa lingua, esa que nos permite asomarnos ao mundo como somos, sen carautas nen intermediarios.
E por suposto, aos lectores que lle dan vida aos libros e que os senten como seus.
A todos,grazas.