full-moonHai varias semanas rematei de escribir un texto que hai anos contaba nas presentacións de Iri e a lúa, seguro que os que estivestes nalgunha das presentacións daquel, para min, moi emotivo libro vos lembraredes de que contaba e poñía en imaxes unha historia moi semellante a esta.

Sometina ao criterio dalgúns lectores e irei poñendo algo máis cada certo tempo, pero iso si, sen desvelar o remate da historia.

A VOZ QUE PINTOU UN MUNDO

Un texto de OLI

Cando a escuridade e a luz se mesturaban e o día e a noite non existían, había unha nena que quería descubrir o mundo.

Había tamén unha muller co marabilloso don de facer visible o oculto e real,o inexistente. Levaba un pincel na man e nos labios, unha canción:

De noite,navega a lúa,

coa noite veñen as tebras,

pola noite,espertan os soños,

na noite,nacen as estrelas.

– Píntame a noite!esixiulle a nena.

A pintora debuxou unha noite que o envolveu todo, e a Terra fíxose máis tenebrosa e fría.

Co frío, chegou o lume para quentarse.

Arredor do lume, naceron as historias.

– Cóntame unha historia. -volveu a esixir a nena.

…Seguirá

Advertisement

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Unha resposta