Iso foi máis ou menos a experiencia do pasado domingo na caseta de Libros para soñar na feira do libro de Vigo. Sigo pensando que a ubicación non é a mellor, pero parece que hai cousas inamovibles. Pero seguindo coa asinatura, poucos lectores que se achegaron por alí (o barco das Cíes viña ateigado) pero entusiastas lectores. Grazas a todos eles por ternos acompañado. Como podedes ver na foto algútns desafiaron os 30ºC e achegárose á Praza de Compostela. Na foto podedes ver a un dos mebros da familia K, neste caso é Kevin, pero os seus irmáns tamén levaron un exemplar de Artur.Imaxe

Advertisement

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Os comentarios están pechados.