Xa podo confirmar que dentro duns meses vai saír un novo libro.O título, aínda non definitivo, é Os ratos da casa. Aínda non ten ilustrador ou ilustradora así que nas próximas semanas tomarase unha decisión. Espero que faga gozar aos lectores tanto como os anteriores. Creo que o principio da historia non permite imaxinar como se vai desenvolver nin como remata.

Saírá en Kalandraka editora e aínda non vos podo dicir en cantas linguas nin siquera o formato que vai ter.

Advertisement

About xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Os comentarios están pechados.