Hai uns días o programa Zig Zag diario da TVG emitiu unha entrevista na que participamos o director de Kalandraka editora, Xosé Ballesteros, e eu mesmo, como tradutor ao galego da segunda parte da triloxía de Maurice Sendak integrada por Onde viven os monstros, Na cociña de noite e Out Over There (que aínda non ten un título definitivo en galego).






