O venres 17 de abril os ratiños andarán roendo na libraría Libros para soñar de Vigo, Rúa Triunfo a partir das 18,30 horas.
Agárdovos para que debuxedes un camiño que baixando desde o cume do monte do Castro nos leve á beira do mar e atravese o Atlántico e chegue ao río da Prata, onde estará Natalia Colombo agardando polos ecos das ondas do mar de Vigo.
Para ir meténdonos no tema, prepararon este trinque marabilloso cheo de cousas apetecibles para que os nosos ratos teñan sempre onde buscar unhas migallas de pan, unha magnífica torta ou uns cereais…