Visita a Los Jarales

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes[“@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1”].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Recentemente tiven o gran pracer de atoparme cos nenos e nenas de Los Jarales, un colexio de Las Rozas, unha cidade da contorna de Madrid. Atopei unha chea de animaliños de diferentes especies e calidades coas orellas ben dispostas para escoitar a historia do Pirata Pata de Lata.

De non ser por algún deles non de decataría de que estaba vivindo nunha bibliocasa.

dscf0061

dscf00981

Seguir lendo →

ACTIVIDADES EN CANGAS

Na semana do 21 ao 25 participarei en varias actividades nas bibliotecas parroquiais de Cangas.

Teño previsto presentar o texto do que agardo sexa o meu próximo libro, que sairá en Kalandraka e vai levar o título “DE COMO O PITO ARTURO DECUBRIU O EDREDÓN DE PLUMAS”. vai contar coas ilustración de Marc Taeger, Ilustrador de libros como “A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella” ou “Aquiles o puntiño”.

O resto serán os meus contos de sempre e algunha das traducións que levo feito para Kalandraka.

Para máis información: preme aquí.

A este feroz pirata chámanlle Pata de Lata

Xa está nas librerías a nova edición d’O pirata Pata de Lata. As aventuras deste gracioso personaxe convertido nun antiheroe loitador que non consegue que ninguén loite con el, e soamente en soños poderá facer realidade o seu desexo.

pirata-gal03

As ilustracións renovadas danlle unha maior frescura e claridade ao traballo de Ramón Trigo.

pirata-gal09