
O pasado sábado, un bo feixe de pequenos lectores acudiron á librería El dragón lector para coñecer a Arturo. Á chamada dunha libreira con oficio e adicación acudiron moitos pequenos acompañados dos seus pais e seguiron con atención a transformación de Artur, desde un ovo común a outro cheo de forma e cores para que nos resultase máis atractivo. Pero Arturo non acudiu só, tamén estiveron O pirata Pata de Lata e Once damas atrevidas que foron pola escala de números arriba e abaixo.
Pero non só acudiron nenos, estaban espectadores adultos coñecidos, e espectadores que seguiron os primeiros pasos de Arturo desde a calor do seu propio ovo. Alegroume coñecer a Graciela Pelegrín, irmá da moi admirada Ana pelegrín, e á que non tiña o gusto de coñecer. Espero volver a atoparme con outros lectores que non puideron acudir na Feria del libro a partir da última fin de semana de maio.
O pase de diapositivas require JavaScript.
Simultaneamente, Marc Taeger e Olalla González, Aroa tamén estaba con ollos atentos no colo da nai, facían as presentacións en Vigo, na librería Libros para soñar. Lígovos coa entrada do blog da librería para que saibades como lle foron as cousas ao noso amigo na cidade da oliveira.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
About xosemgonzalez
Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Tradutor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.