O vindeiro sábado Ramón Trigo e eu estaremos nos XVII Encontros Luso-galaico-franceses de literatura infantil que se celebran na Escola Superior de Educaçâo para falar sobre a construción dun álbum ilustrado. Espero que o que poidamos contar sexa de interese para os asistentes.
O papel do autor literario en relación co traballo do ilustrador e viceversa, o xeito en que un se aproxima ao álbum ilustrado, a decisión sobre os destinatarios, a presenza do álbum ilustrado… serán algúns dos aspectos que tentaremos tocar no espazo da hora e cuarto que durará a nosa intervención.