Estes días son moi movidos, 23 de abril, presentacións, escolas…
Este sábado estivemos no Lobo coxo de Bueu onde Olalla González sempre me recibe magnificamente e onde atopo sempre a Marc Taeger. Aroa sempre me fai fermosos regalos cando vou contar alí. Hoxe regaloume este coche cheo de ratos da casa.
Tamén no CEIP de Reibón celebraron o día do libro o martes cos nenos e nenas de 2º, que me someteron a un intenso 3º grao e o xoves cos de 1º.