Este páxina web coñecida como masalladelparque fai unha reseña gabando a Arturo. A entrada titúlase “Colorín, colorado este cuento nos ha… cautivado”. Grazas pola
Rede Lectura publicou un texto no seu blog sobre Artur. Sinto non poder poñer o enlace directo coa entrada, pero un erro da redacción de RL non puxo título á entrada e non podo copiar o enlace. Así que copio e pego o texto tal e como o redactaron:
Comeza Factoría K cunha colección de libros duros para prelectores e primeiros lectores. Libros con cantos redondeados, de doado uso nas mans dos máis pequenos da casa; cartón a proba de dediños gordechos e pouco mañosos.
ARTUR cunhas magníficas ilustracións de Marc Taeger que acompañan a historia do pequeno pito na aventura do nacemento e primeiras experiencias. Cuns trazos mínimos pero de gran expresividade vainos mostrando o pito dentro do ovo e os esforzos por rachar a casca e saír dun habitáculo que xa lle resulta incómodo, a sorpresa ante a grandeza do mundo e a súa frialdade, o descubrimento da soedade e a saudade. Tamén descubriu que o que, ás veces, nos dá medo pode acabar resultando moi grato, como ese primeiro sono nas alas de mamá galiña. Uns marabillosos resultados, tamén no deseño da páxina e na súa ocupación, nos pequenos textos e esquemáticos debuxos de fortes cores sobre fondo branco. Só nos preguntamos se terá continuidade…
Tanto Oli, autor de historias como Once damas atrevidas e O pirata pata de lata, como Marc Taeger ilustrador de A verdadeira historia de Carapuchiña, Aquiles o puntito, Tic – tac e Garavanciño, son creadores moi recoñecidos polo lectorado infantil e mediadores.
O pasado sábado Ramón Trigo e máis eu partillamos a nosa experiencia como creadores de álbumes ilustrados neste encontro que se celebra todos os anos. A nosa intervención centrouse en definir o traballo de cada un dos autores do libro, as fontes nas que se orixinou, a aparición do personaxe e as decisións sobre as características e as técnicas da ilustración.
Compartimos mesa coa ilustradora portuguesa Manuela Bacelar que falou do seu traballo con paixón, da súa relación con certas tendencias culturais do Portugal do século XX.
O momento das signaturas de libros descubriron os intereses dalgunhas das asistentes, estudiosas da ilustración infantil, dos álbumes ilustrados… coas que intercambiamos opinións. Interesante o encontro con Inês Oliveira, á que recomendo seguir (Finalista nos CJ Awards).
Ana Cristina Vasconcelos da ESE de Porto deunos a nova de que O pirata Pata de Lata sería obxecto de estudo nos cursos de mestrado este ano.
O vindeiro sábado Ramón Trigo e eu estaremos nos XVII Encontros Luso-galaico-franceses de literatura infantil que se celebran na Escola Superior de Educaçâo para falar sobre a construción dun álbum ilustrado. Espero que o que poidamos contar sexa de interese para os asistentes.
O papel do autor literario en relación co traballo do ilustrador e viceversa, o xeito en que un se aproxima ao álbum ilustrado, a decisión sobre os destinatarios, a presenza do álbum ilustrado… serán algúns dos aspectos que tentaremos tocar no espazo da hora e cuarto que durará a nosa intervención.
O pasado sábado, un bo feixe de pequenos lectores acudiron á librería El dragón lector para coñecer a Arturo. Á chamada dunha libreira con oficio e adicación acudiron moitos pequenos acompañados dos seus pais e seguiron con atención a transformación de Artur, desde un ovo común a outro cheo de forma e cores para que nos resultase máis atractivo. Pero Arturo non acudiu só, tamén estiveron O pirata Pata de Lata e Once damas atrevidas que foron pola escala de números arriba e abaixo.
Pero non só acudiron nenos, estaban espectadores adultos coñecidos, e espectadores que seguiron os primeiros pasos de Arturo desde a calor do seu propio ovo. Alegroume coñecer a Graciela Pelegrín, irmá da moi admirada Ana pelegrín, e á que non tiña o gusto de coñecer. Espero volver a atoparme con outros lectores que non puideron acudir na Feria del libro a partir da última fin de semana de maio.
Simultaneamente, Marc Taeger e Olalla González, Aroa tamén estaba con ollos atentos no colo da nai, facían as presentacións en Vigo, na librería Libros para soñar. Lígovos coa entrada do blog da librería para que saibades como lle foron as cousas ao noso amigo na cidade da oliveira.
sta mañá visitamos con Artur o colexio Los Jarales en Las rozas. Coma sempre, o recibimento de Ana, a bibliotecaria, e do resto de componentes do equipo foi excelente. Tres grupos de alumnos de 2º de primaria pasaron pola biblioteca para coñecer a Arturo e recibir outra vez ás Once damas atrevidas e ao Pirata Pata de Lata.
Mañá subirei a chea de fotos que fixeron mentres contaba baixo a atenta ollada de Leidora, la mascota de la biblioteca de Los Jarales.
Artur volve a Madrid. Se hai uns días era Marc Taeger que estaba en FNAC, desta serei eu que presentarei Arturo aos pequenos lectores na librería El dragón lector.
Quizais se atope alí con Once damas atrevidas ou co pirata Pata de Lata, mesmo atoparse con algún problema grande.
O pasado sábado, Artur viaxou a Ourense para atoparse cos pequenos lectores na sala infantil da Biblioteca Pública do Estado. Tnto Marc Taeger como eu pasamos uns momentos felices cos nenos e nenas que acudiron a escoitar as historias que lles contamos e debuxamos.
Aquí podedes ver a sesión de contos que celebramos con motivo do 3º aniversario da librería canguesa da Rúa do Sol







