Nova reimpresión

Sin t’tulo-3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

El pirata Pata de Lata acaba de ser reimpreso. Por todo ello, gracias lectores.

Advertisement

Entrevista da TVG

Hai uns días o programa Zig Zag diario da TVG emitiu unha entrevista na que participamos o director de Kalandraka editora, Xosé Ballesteros, e eu mesmo, como tradutor ao galego da segunda parte da triloxía de Maurice Sendak integrada por Onde viven os monstros, Na cociña de noite e Out Over There (que aínda non ten un título definitivo en galego).

Falando de Na cociña de noite.

Os ratos da casa

Xa podo confirmar que dentro duns meses vai saír un novo libro.O título, aínda non definitivo, é Os ratos da casa. Aínda non ten ilustrador ou ilustradora así que nas próximas semanas tomarase unha decisión. Espero que faga gozar aos lectores tanto como os anteriores. Creo que o principio da historia non permite imaxinar como se vai desenvolver nin como remata.

Saírá en Kalandraka editora e aínda non vos podo dicir en cantas linguas nin siquera o formato que vai ter.

Para todos. Para todas

FELIZ ANO

Cartão-para-Feliz-Ano-Novo-2014

2013 in review

The WordPress.com stats helper monkeys prepared a 2013 annual report for this blog.

Here’s an excerpt:

A San Francisco cable car holds 60 people. This blog was viewed about 810 times in 2013. If it were a cable car, it would take about 14 trips to carry that many people.

Click here to see the complete report.

Artur parte para Colombia

Portada do libro ilustrada por Marc Taeger

Portada do libro ilustrada por Marc Taeger

Nontronte, Kalandraka editora comunicoume a decisión da cámara Colombiana del Libro de licitar unha edición de Artur para entrar nas

bibliotecas e nas escolas do país de García Márquez, Álvaro Mutis ou Juan Gabriel Vásquez.

Espero que se convirta nun personaxe tenro e familiar para os nenos e nenas colombianos.

Feira de Coruña

Invítovos a asistir mañá á presentación de Nicomedes, o pelado que terá lugar na Feira do Libro de Coruña ás 12 da mañá. Terei o gran pracer de presentar este magnífico libro da autoría desa parella tan fructífera que son Pinto e Chinto.

Imaxe

Unha mañá de sábado en Casa K

O pasado sábado tivemos un emocionante encontro con algúns pequenos lectores no espazo de Casa K en Bueu. Ademais de O Pirata, as Once damas atrevidas, tamén puideron coñecer o nacemento de Artur. A sorpresa que lles tiña reservada era a de coñecer as semanas que seguiron aos primeiros pasos do noso pito.

999501_651272814900208_1118440453_n Asinando en bueu-1 Contando en Casa K

Unha tarde tórrida

Iso foi máis ou menos a experiencia do pasado domingo na caseta de Libros para soñar na feira do libro de Vigo. Sigo pensando que a ubicación non é a mellor, pero parece que hai cousas inamovibles. Pero seguindo coa asinatura, poucos lectores que se achegaron por alí (o barco das Cíes viña ateigado) pero entusiastas lectores. Grazas a todos eles por ternos acompañado. Como podedes ver na foto algútns desafiaron os 30ºC e achegárose á Praza de Compostela. Na foto podedes ver a un dos mebros da familia K, neste caso é Kevin, pero os seus irmáns tamén levaron un exemplar de Artur.Imaxe

Sábado, 6 de xullo en Casa K (Bueu)

CasaKAmigos e amigas, fun invitado por Marc Taeger e Olalla Gonzáelz, responsables do espazo que Casa K ten na rúa Montero Ríos 197 de Bueu, o vindeiro sábado, ás 12 da mañá, a contar algunhas das miñas historias. Alí estarán o pirata Pata de Lata, aas Once damas atrevidas e Artur, que ademais vai darnos unha pequena sorpresa.

Agárdovos  a todos.