Visita ao CEIP de Cela

imagenProducto.phpO vindeiro luns, día 20 de maio terei un encontro cos pequenos lectores do CEIP de Cela (Bueu). Será a partir da 12,30

Na páxina páxina da Galiña Azul

ImaxeA páxina das Escolas infantís de Galicia recollen o encontro cos pequenos da Escola Infantil de Bueu.

Podedes ver a entrada aquí. sí mesmo pódense ver algunhas imaxes nestoutra ligazón.

Comezando unha nova historia

Comezando unha nova historia.

Comezando unha nova historia

full-moonHai varias semanas rematei de escribir un texto que hai anos contaba nas presentacións de Iri e a lúa, seguro que os que estivestes nalgunha das presentacións daquel, para min, moi emotivo libro vos lembraredes de que contaba e poñía en imaxes unha historia moi semellante a esta.

Sometina ao criterio dalgúns lectores e irei poñendo algo máis cada certo tempo, pero iso si, sen desvelar o remate da historia.

A VOZ QUE PINTOU UN MUNDO

Un texto de OLI

Cando a escuridade e a luz se mesturaban e o día e a noite non existían, había unha nena que quería descubrir o mundo.

Había tamén unha muller co marabilloso don de facer visible o oculto e real,o inexistente. Levaba un pincel na man e nos labios, unha canción:

De noite,navega a lúa,

coa noite veñen as tebras,

pola noite,espertan os soños,

na noite,nacen as estrelas.

– Píntame a noite!esixiulle a nena.

A pintora debuxou unha noite que o envolveu todo, e a Terra fíxose máis tenebrosa e fría.

Co frío, chegou o lume para quentarse.

Arredor do lume, naceron as historias.

– Cóntame unha historia. -volveu a esixir a nena.

…Seguirá

Encontro en Montemogos

Aínda que estivera en Bueu aló pola Semana Santa cos pequenos da Escola infantil, onde atopei unha lugar chea de magníficas experiencias para ser vividas e disfrutadas, e que teño pendente unha visita ao CEIP de Cela, non é dos concellos aos que prodigue moitas visitas. Pero o pasado día 24 de abril tiven a oportunidade de compartir un tempo cos nenos e nenas do colexio de Beluso. Entre Leocadio, o león e outros libros, tiven a ocasión de estar con nenos do primeiro ciclo e de infantil que coñecían ben os meus libros.

Aquí vos deixo esta montaxe que fixeron desde a biblioteca do centro. Un saúdo ás profesoras e ao alumnado co que foi un pracer estar.

Reseña de Artur en Pagine giovani

Reseña de Artur

A revista Pagini giovani editada polo Gruppo di Servizio per la Letteratura Giovanile publicou unha reseña de Artur que o blog de Libri per sognare recolleu nunha entrada no seu blog.

Parece que, pouco a pouco, Artur vai facendo camiño en Italia.

Alá vai a primeira edición

A primeira edición de Artur en galego xa está rematada. Agardo que proximamente vexan a segunda edición tanto este libro como Once damas atrevidas. Hai varias semanas saiu unha nova edición de O pirata Pata de Lata e espero que non se demoren demasiado as segundas edicións deses dous títulos que tamén están esgotados en castelán e portugués.

Celebrando con Kalandraka

O cartel da festa era A que sabe a lúa de Michel Grejniec

Onte, venres 19 de outubro, estivemos celebrando en Libros para soñar Vigo, a librería de Kalandraka editora, o Premio Nacional ao Labor Editorial que lle concederon hai pouco máis dunha semana cunha contada para un feixe de nenos e nenas, papás e mamás que ateigaban o espazo da librería. Dá gusto ver como os pequenos lectores que asistían hai anos despareceron e no seu lugar hai outros que lles toman o relevo. Ante tal morea de xente, en lugar de contar o Artur, decidín sacar as Once damas atrevidas.

Esperemos ter moitas máis cousas que celebrar antes de que pasen outros quince anos, os que cumprirá Kalandraka o vindeiro 2 de abril.

Artur na web da OEPLI

A web da OEPLI vén de publicar unha reseña de Artur asinada por Montse Pena Presas. A un como autor literario gústalle ler cousas tan bonitas como que é unha pequena xoia. Alén de que o sexa ou non, dá arrepíos ver as caras dos pequenos cada vez que lles contas a historia, sentir esas miradas de medo ante a soedade e o abandono do protagonista e o enorme alivio que lles provoca o final. Sempre aprendín dos meus mestres que a literatura para os primeiros lectores debe dar a seguridade que aporta o final pechado, pero estou encantado de comprobalo e sentir que a literatura pode dar amparo.

Entre outras cousas di:

Las lecturas para el prelectorado más joven (de entre 18 meses a 2 años) siguen siendo las más olvidadas por diversos motivos: el escaso tiempo de atención con que cuentan los niños y niñas de esta edad –lo que dificulta el propio momento de “contar”; la presencia masiva de personajes de series de animación que copan la mayor parte de las publicaciones dirigidas la ellos y que son fruto de una edición bastante comercial; la preponderancia del texto en las valoraciones de este tipo de libros, etc.
Por este motivo, Artur de Oli e ilustrado por Marc Taeger es una pequeña joya. Al narrar los pensamientos e inquietudes de un pollito que está dentro de su huevo y que sale al exterior por vez primera, autor e ilustrador consiguen acercar los chavales a los sentimientos del protagonista, y por lo tanto, al respeto por el mundo animal y su individualidad…

La pungente brezza de la scoperta

La brezza, a airexa espertou o letargo estival que nos sacode a todos estes días de calor, os primeiros do verán. No facebook de Kalandraka Italia acabo de descobrir unha ampla reseña sobre Arturo, perque en italiano si chiama cosí. Este comentario apareceu nunha páxina chamada Atlantidekids, na que se fai unha lectura sobre a aventura natal de Artur e a súa percepción polos pequenos lectores-escoitadores. A reseña ten o título que decidían copiar para esta miña entrada.

I testi sono immediati e dolci, le illustrazioni su fondo bianco sono di lettura immediata, molto semplici ed espressive. È un albo quadrato colorato e tenero, Arturo, ideale per le prime letture e per tutti i bambini da 0 a 3 anni.

Espero que sigan aparecendo por máis sitios comentarios sobre Artur e que poidan descubrir o resto dos meus libros.

Grazie tante.