Artur no SOMOS QUEN

http://www.crtvg.es/flowplayer3/flowplayer.commercial-3.2.7.swf

Aquí vos deixo a intervención de Marc Taeger e miña a no programa da Radio Galega Somos quen.

Novo do trinque

 

 

Acabo de recibir as fotos do trinque que a librería infantil El Pozo de los tres deseos montou na súa librería da Rúa do Sol(Cangas).  Artur está no seu trinque como na casa, a salvo de calquer sombra. A acollida dos libreiros de Cangas a Artur está sendo moi boa. Sen eles, os libros non cobrarían vida.

Grazas.

 

Na Radio Galega

O vindeiro sábado, ás 10,20 estaremos Marc Taeger e eu con María Xosé Rodríguez no programa matinal da radio pública SOMOS QUEN para falar de Artur. Estaremos dispostos a descubrir os segredos do nacemento de Artur, as incidencias que tivo que salvar para ver a luz nun día de mediados do mes de xullo. Seguro que pasaremos un momento agradable escoitando a lectura dramática que, segundo me dixeron, prepararon os locutores da RG.

Cangas

O próximo martes, 23 de agosto faremos a presentación de Artur en Cangas. a partir das 8 da tarde podedes coñecer a Artur no Salasón. Podedes deixar a praia unha horiña antes, se hai bo tempo, e achegarvos.

Ah! chegade cedo que imos ser moitos.

Presentación de Artur na Coruña

Onte, 8 de agosto, Marc Taeger e máis eu tivemos a ocasión de presentar a Artur por primeira vez. Foi na Coruña cun magnífico día de sol cun chisco de aire do norte.

A introdución correu a cargo de Paz Castro, encargada de prensa de Faktoría K e Kalandraka, que soubo sacar de nós o que nós non soubemos contar.

Aquí deixo unhas fotos para dar fé de que estivemos alí.

A próxima presentación terá lugar en Cangas, no Salasón, un local que está facendo unha estupenda programación musical e de exposicións.

A rede social galega do libro – Book Profile – Artur

A rede social galega do libro – Book Profile – Artur.

Presentación de Artur

Presentación de Artur

Se vos pilla perto, podedes achegarvos. Entrada recomendable para nenos de 3 a 100 anos. Estaremos encantados de contar coa vosa presenza.

Xa está nas librerías

Portada do libro ilustrada por Marc Taeger

Xa podedes follear nas librerías o último libro, que comparto co ilustrador Marc Taeger. Batín con el de xeito inesperado no trinque dunha librería. Creo que non estaba preparado para aceptar que o libro xa é dos lectores, aínda tiña interiorizado que formaba parte do ámbito doméstico dos creadores, editores e amigos, pero xa non é así. Sucedeume pasando por diante de “El pozo de los tres deseos” e pouco despois, no trinque da Librería Viláfer atopei con tres exemplares. Hai unhas horas foron os amigos da Librería Abrente que o publicaron na súa páxina oficial e hai uns minutos a Libraría O Pontillón en Moaña.

A pena é que non temos feira do libro en Cangas, que era onde pensaramos facer a presentación oficial, pero traballaremos para facelo durante as próximas semanas en Cangas, Bueu e Moaña. Por certo, non esquezades, que o día 8 de agosto temos a presentación na feira de Coruña. Pero non perdades ocasión, podedes mercalo nun fato de linguas diferentes, non hai desculpas para non lelo.

Ánimo e á librería!

A por el!

Reedición

Kalandraka acaba de confirmar que vai reeditarse Once damas atrevidas. O libro leva algún tempo esgotado en galego e portugués. En Portugal forma parte do Plano Nacional de Leitura, o que fixo que se esgotase con bastante rapidez.

Agora, por fin, os lectores das dúas variantes lingüísticas van poder seguir disfrutando desta lectura.

Eclosión

Está a punto de entrar nas máquinas a historia de Arturo, un pito que naceu no Hío hai uns seis anos. É o primeiro caso de eclosión dun ovo tras un periodo tan longo. O habitual é un periodo de 21 días de incubación, pero a galiña choca andaba a outras cousas e non se daba metido no niño para darlle a calor suficiente para que Arturo vise a luz.

Afortunadamente, a circunstancia mudou e a intervención dos galos convenceron á galiña de que había que darlle calor ao ovo.

Estou seguro de que será un libro que vos gustará. A saída está prevista en galego, castelán, portugués, eúscaro, catalán e agardamos que o poida facer tamén en catalán e italiano. Das presentacións que se programen iremos dando conta, así como das signaturas que poidan ter lugar (Madrid, Porto, Cangas, Vigo…) Se os editores xaponeses apostan, mesmo estamos dispostos para ver como florecen as ameixeiras e as cerdeiras no Xapón.