A
editorial Galaxia acaba de publicar no seu blog a presentación da primeira aplicación feita para IPAD e IPHONE, a táboa electrónica e a PDA de Apple respectivamente.
Entre os elixidos está o Conto para non comer.
Na Librería Rayuela, e cunha excelente presenza de lectores e de mamás e papás de lectores, fixemos as presentacións d’O pirata Pata de Lata e das Once damas atrevidas aos lectores que acoden á chamada da Librería Rayuela para atoparse cos seus autores ou cos seus personaxes favoritos.
Alí tiven a oportunidade de coñecer a timidez de César, que estaba co seu primo. Tamén de Julia, que salvou a función cando me esquecía dunha dama. Coñecer a todos estes pequenos lectores sevillanos foi un pracer, tanto como estar compartindo un momento cos amigos e amigas da Librería Rayuela no seu espacio para os pequenos. Seguro que nos volvemos a ver porque Sevilla é unha cidade maravillosa e quen vai a Sevilla perde a silla, pero coñece unha maravilla.
Un feliz encuentro con los lectores sevillanos. Os espero en la Librería Rayuela con un barco cargado de tesoros y recuerdos de viajes.
Está previsto facer unha presentación dalgúns dos meus libros en Sevilla. Será unha sesión de encontro con outros acentos e outros ollos tan curiosos coma os que teño atopado por aquí.
Unha oportunidade tamén para dar a coñecer algúns dos libros que non están traducidos ao castelán.
O sitio?
Posiblemente na Librería Rayuela
O pasado venres estivemos presentando a novela gráfica de Xosé Manuel e Ramón Trigo. Os autores falaron do nacemento da idea e a súa realización como novela gráfica, ademais de realizar unha presentación en pantalla da que a penas podo dicir nada porque me pillou tan abeirado que con dificultade podía distinguir algunhas luces. A min tocoume falar das cualidades desta obra que estou seguro vai ter continuidade tanto en obras posteriores como en posibles versións noutros medios.
A voz rotunda de Tino Baz puxo remate a unha magnífica tarde nun marabilloso espazo, para min absolutamente descoñecido, como é o Museo do Mar de Galicia.
O vindeiro venres 10 de setembro, estarei acompañando a Xosé Manuel e Ramón Trigo na presentación d’O burato do inferno, a BD que realizaron entre os dous. Como saberedes, o tema é dos raqueiros, piratas da costa galega.
Ramón Trigo é o amigo que realizou as ilustracións d’O pirata Pata de Lata e de Aníbal quere encoller. Ademais Ramón está convidado a participar nunha serie de actividades que se organizan con motivo da Feira do libro de Berlín.
O acto terá lugar no Museo do Mar, ás 20,30 horas.
Estades convidados.
Nas últimas semanas estou a voltas coa segunda parte d’O pirata Pata de Lata. Vai ser unha aventura moi televisiva. Se algún día se remata, seredes os primeiros en sabelo. Sabelo? Pero se esta páxina coñécena o autor e algún despistado máis.
Ao que ía, a nova aventura de PAta de Lata ten historia, ten remate, ten principio, pero faltan algunhas cousiñas por axustar. Espero que a RamónTrigo lle pareza tan interesante coma a primeira, que á editora lle guste e despois todo o demais ha de andarse.
Carlos envíame este enlace a unha foto de El País.
Sorpresa!!
Que lle estan a ler a este neno? Si, O pirata Pata de Lata.
Oxalá che guste e que te lembres das aventuras deste antiheroe

Hai algunhas semanas no suplemento literario do Faro de Vigo, Paula Fernández publicou unha crítica de Leocadio. Podedes lela neste enlace.
O vindeiro día 23 presentarei en Cangas o último libro, Leocadio, o león.
Trátase dunha historia tenra envolta nese ambiente de cine da miña infancia, daquelas películas de aventuras en branco e negro con esa luz enveludada.














