L’Artur en Faristol

Portada de Faristol

A revista catalana de literatura infantil e xuvenil  Faristol publicou no nº 72  a súa lista de mellores libros do ano 2011 e decidiron seleccionar a Artur coma un dos mellores libros do ano no apartado de traducción para os máis pequenos. Edicións Hipótesi que coeditan con Faktoría K en Cataluña, colgouno no seu muro de Facebook.

A iso hai que engadir que está previsto que se publique en coreano nos próximos meses, polo que todo son boas novas para Artur.

Premios Xohan de Cangas

Hoxe o concello de Cangas conmemora o Día das Letras Galegas coa entrega dos premios Xohán de Cangas.
Este ano teño a honra de recibilo no apartado de creación literaria. Coma sempre, creo que debo compartilo con esa persoa que me empuxou a entrar neste mundo, á lectora feroz que esmiúza o que fago, as mulleres das que aprendín a arte de contar e esas xeracións que ao longo do tempo forxaron este marabilloso instrumento que é a nosa lingua, esa que nos permite asomarnos ao mundo como somos, sen carautas nen intermediarios.
E por suposto, aos lectores que lle dan vida aos libros e que os senten como seus.
A todos,grazas.

Vaia torta

Marc Taeger envioume esta foto, moi apetitoooosa. Celebrando Sant Jordi nunha confitería barcelonesa, Casa Vives, con libros, rosas e doces.

Explicar o autor

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pasado xoves volvín visitar o CEIP A Rúa para encontrarme cos rapaces de 3º, 4º e 5º de primaria. Dentro do seu proxecto de dinamización lingüística decidiron estudar os autores de libros infantís do Morrazo, e nesta ocasión tocoume compartir con eles unha hora na que puideron coñecer cal foi o proceso de creación dalgúns dos meus libros.

Posteriormente tivo lugar coloquio onde realizaron preguntas moi intelixentes. Quédome especialmente cunha delas. Un alumno preguntaba se eu lle indicaba aos ilustradores como debían ilustrar os meus libros. Este tema xa ocupou parte da intervención que tiven en Porto nos Encontros Galego-portugueses-franceses de literatura infantil. Naquela ocasión compartindo mesa con Manuela Bacelar e con Ramón Trigo, ilustraba a postura de moitos escritores cunha imaxe do Gran dictador de Chaplin. Pensando despois a miña resposta, creo que sería bo que os pequenos lectores, e tamén os que non o son tanto, entendesen que un libro ten dous procesos creativos que desembocan nun único produto. Por iso considerei importante enviar esta mensaxe a eses alumnos que pensaron sobre iso.

Benqueridos amigos:

Hai uns días un de vós preguntoume se eu lle dicía aos ilustradores como debían ser os seus debuxos para os meus libros. Esa pregunta tamén a fan moitos escritores e non sempre atopan a resposta axeitada. Ese é un dos temas sobre os que más teño pensado desde que estou no mundo da literatura infantil, unhas veces como escritor, outras como tradutor e outras como director de coleccións de libros. E aquí deixo a conclusión á que cheguei:

Cando escribo para nenos, asumo que, ata o de agora, a idea sobre o que vou escribir nace en min. Pero acepto que cando comezo a escribir sei que os meus libros van ter unha ilustración. Por tanto debo aceptar que a min correspóndeme un 50% do traballo, mais outro 50% non é meu.

Tamén asumo que o libro é un producto, un, que non pode conter dúas historias diferentes, pero que é resultado de dous traballos que deben compaxinarse. Sería como nunha regata de bateis, hai remeiros e hai un timonel, soamente o traballo conxunto do esforzo dos dous permite chegar á meta.

Para que o ilustrador faga un bo traballo debe estar motivado. Iso quere dicir que, primeiro, debe gustarlle o texto; en segundo lugar debe facer a súa propia lectura e interpretala, ilustrala tal e como el a entende, con total liberdade para expresar todo o que el atopou nos personaxes, na trama e asociala coa súa propia experiencia vital. Se para os escritores, as historias nacen dos seus recordos infantís (lembrades que vos contei que cando en escribo “Iria e lúa” sobre o nacemento da lúa tras os montes, imaxino a Costa do Cuco, porque é a lúa que eu vía desde o balcón da miña casa nas noites de verán), o mesmo sucede cos ilustradores. Os seus debuxos tamén se alimentan de todo canto gardan na memoria.

Cando vós ledes un libro, non sempre entendedes as mesmas cousas que o voso compañeiro de mesa. Estou convencido que cando tento transmitir algo, non todo o mundo vai entender o mesmo que eu entendo porque vós non vistes a mesma lúa que eu vin, nin desde o mesmo lugar, nin vos vai traer as mesmas lembranzas que a min. Vós tendes as vosas e cando ledes, vades a pensar en todo o que vós vivistes. Por iso os escritores dicmos que cando un libro está acabado xa non é noso, é dos lectores, porque cada lector debe interpretalo da súa maneira. Cando dicimos a palabra cristal, a cada un suxírelle unha cousa diferente. a uns pode espertarlle a lembranza dun día en que se cortaron co resto dun cristal xogando na praia. A outros, a lembranza dunha trasnada cando tiraron unha pedra e romperon o cristal da ventá. O mesmo sucede coas historias e por iso non me creo no dereito de obrigar a un ilustrador a que entenda nos meus textos o que eu entendo.

Artur(o) en El cultural

O suplemento de libros e arte de El Mundo acaba de publicar unha reseña de Artur(o). Afortunadamente, El Cultural aínda que sexa unha páxina, adica algo á literatura infantil. Onte venres, Cecilia Frías fixo unha interesante reseña deste meu último libro. Non virá mal porque Artur(o) vai andar por Boloña dentro de poucos días dándose a coñecer e precisará todos os apoios posibles. Durante un tempo  non vou saber nada del. Agardo que se comporte e saiba facerse ver.

El gato azul prusia e Artur

El gato azul prusia falou de Artur en setembro. A entrada titúlase “Como crear libros que atrapen” e falaba do que na súa opinión atrae aos pequenos lectores:

Un niño de 4 años no sabe leer y, sin embargo, cuando entra a una librería y sus padres le dan la opción de elegir un álbum no duda en desechar rápidamente muchos para encapricharse de uno en concreto. Esto se debe a que los niños tienen una lectura visual muy desarrollada. Les atrapa la imagen de la portada, lo abren, lo miran y en pocos segundos saben que ese es el libro que quieren.
“Un día un niño de unos 2 años cogió un libro y empezó a decir -ete, ete -y no había manera de quitárselo ni para poder pasar el código de barras. Ese libro era “Arturo” de la editorial Kalandraka” nos relataba Eva Cosculluela.

Artur(o) en VISUAL

A revista de deseño gráfico Visual escribe no seu último número sobre o noso pito.

El ilustrador Marc Taeger y Oli (pseudónimo de Xosé Manuel González) firman “Arturo”, estupendo libro infantil publicado por Faktoría K. Este libro retoma la tradición clásica de los cuentos para niños y apuesta por las ilustraciones contundentes y los textos concisos para construír una historia sencilla, hermosa y muy cautivadora. “Arturo”  se aleja completamente de la tendencia estética y narrativa de los últimos tiempos, que en ocasiones resultaba excesivamente pretenciosa tanto estética como conceptualmente, siendo el resultado un libro de esos que los niños pedirán que se les lea una y otra vez hasta el agotamiento.

Compartindo soños no CEIP A Rúa

O pasado día 19 de xaneiro  estiven no CEIP A Rúa respondendo a unha invitación do profesorado de educación infantil e 1º ciclo de primaria para facer as presentacións de Artur. Sempre me gusta volver ao colexio de A Rúa porque sinto que volvo a un sitio familiar.

Ante as olladas atentas e os ollos abertos dos pequenos pasaron o pito Artur, O pirata Pata de Lata e unha chea de damas atrevidas e viaxeiras. Ao remate quedamos un anaquiño máis para asinar os libros que traían os lectores.

Agradezo a invitación e o cariño con que todos me trataron.  Ah… e tamén o retrato que un alumno, que daquela estaba en infantil de 3 anos, me fixera a última que estiven no colexio, hai xustamente tres anos.

Grazas a todos.

Artur por Valencia

Probablemente, Artur vaia por Valencia a finais de febreiro. Falta concretar onde terá lugar o encontro-presentación deste pito viaxeiro que xa leva percorridos unha chea de kilómetros sendo novo como é. Publicarei con tempo o lugar no que o noso pito se vai atopar cos vellos lectores e procurará outros novos.

Artur continuará

Como xa comentara nalgunha entrevista, Artur vai ter continuación. Está prcticamente rematada e as críticas dos lectores de confianza parecen ser boas. Agora agardaremos máis opinións e críticas construtivas que lle dean a forma definitiva a este segundo proxecto que anda na procura de título.